A "nova normalidade", consecuencia do COVID-19, implica unha serie de medidas e recomendacións en todos os sectores, e o turismo é un deles.

Por motivos de seguridade e para evitar aglomeracións, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, en colaboración cos municipios do xeodestino e os profesionais do sector, creou un sistema de venda de entradas online.

Se desexa visitar Ribeira Sacra durante este verán de 2020, é moi probable que teña que reservar previamente algunhas das visitas do seu plan de viaxe a través desta web.

O funcionamento desta plataforma é moi sinxelo, pero se non se defende ben coas novas tecnoloxías ou xorde algunha incidencia no proceso de reserva/compra, pode contactarnos no teléfono .

Aquí debaixo ten unha lista dos recuros dispoñibles para a súa reserva online.

Alfarería de Niñodaguia

Museo
Mosteiro de Santa Cristina

Mosteiro
Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo

Mosteiro
Mosteiro Montederramo

Mosteiro