A fachada deste mosteiro é unha das grandes da arquitectura renacentista galega, moi sobria como o resto da obra.
No interior da igrexa, destacamos o retablo maior, restaurado nos últimos tempos. É obra do escultor galego Mateo do Prado que tallou en madeira as escenas en altorrelieve, dedicadas ao Novo Testamento. Tamén se restaurou o coro alto obra do portugués Alonso Martínez a principios de século XVII, realizado en madeira de nogueira branca sen policromar.
Encostado ao muro sur da igrexa está o claustro procesional. Foi edificado entre finais do século XVI e principios do século XVII. O mosteiro conserva outro claustro, o da hospedería. Foi construído, para dar servizo de acollida a quen solicitaba a hospitalidade de Montederramo.
No texto fundacional deste mosteiro, datado en 1124, aparece por primeira vez a mención a "Rivoira Sacrata".

TARIFAS REDUCIDAS
O concello de Montederramo conta cunha ordenanza que regula as tarifas de visita para diferentes colectivos:
Maiores de 65 anos: 1,5 €
Persoas con discapacidade ou desempregadas: Gratuíta
En ambos os casos, o desconto aplicarase abonándolle o persoal a diferenza no acceso ao mosteiro, para o que terá que presentar a entrada ordinaria xunto co DNI ou documentación que acredite a condición para a tarifa reducida.
GRUPOS: Grupos de 10 a 30 persoas: 2€ // Grupos de 31 a 50 persoas: 1,5 € // Máis de 50 persoas: 1 €
(Por motivos de seguridade o aforo limítase temporalmente a un máximo de 30 persoas)

Máis información


Desde Ourense/A-52 tomar a OU-536 dirección Trives durante 37 km aprox. Desviarse en Leboreiro cara Montederramo.
Desde Monforte de Lemos/CG-2.2(Lugo) tomar a LU-903 por Doade e ata Castro Caldelas. Desde Castro Caldelas seguir pola OU-536 dirección Ourense durante 12 km aprox. ata Leboreiro e desviarse cara Montederramo.

Este recurso abre con xornada partida os seguintes días da semana:

DíaMañáTarde
Lunsabertoaberto
Martesabertoaberto
Mércoresabertoaberto
Xovesabertoaberto
Venresabertoaberto
Sábadoabertoaberto
Domingoabertoaberto

Aquí debaixo pode comprobrar a dispoñibilidade e reservar as súas entradas.