O asombro do visitante que se arrisca por estas paraxes non pode ser máis acolledor ao atoparse co fermoso edificio románico, conservando en toda a súa pureza os elementos arquitectónicos. Está emprazado nun dos meandros que o río Sil forma ao bordear o Monte Varona, nunha pequena península cuberta por un vello e frondoso souto de castiñeiros. Sen dúbida, un dos lugares máxicos da Ribeira Sacra.

O mosteiro beneditino ten a súa orixe no século X. Primeiro, foi un mosteiro independente e, despois da reforma do século XVI, queda como priorado dependente do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, do mesmo xeito que o de San Vicente de Pombeiro en terras de Pantón.

Máis información


Desde Ourense/A-52 continuar por estrada OU-536 dirección Trives durante 36 km e desviarse en Vilariño Frío cara Parada de Sil.
Desde Monforte de Lemos/CG-2.2(Lugo) seguir a estrada LU-903 por Doade e ata Castro Caldelas. Desde Castro Caldelas continuar por OU-536 dirección Ourense 13 km e desviarse en Vilariño Frío cara Parada de Sil.

Este recurso abre con xornada partida os seguintes días da semana:

DíaMañáTarde
Lunsabertoaberto
Martesabertoaberto
Mércoresabertoaberto
Xovesabertoaberto
Venresabertoaberto
Sábadoabertoaberto
Domingoabertoaberto

Aquí debaixo pode comprobrar a dispoñibilidade e reservar as súas entradas.