Trátase dun servizo combinado de traslado en microbús desde a oficina de turismo de Parada de Sil ao Mosteiro de Santa Cristina. Este servizo estará en marcha entre o 7 de xullo e o 6 de setembro e será opcional en días laborables e obrigatorio en fin de semana. Así ben, non será posible o acceso ao Mosteiro de Santa Cristina en vehículos particulares sábados e domingos. No percorrido inclúese unha parada sen espera en Castro para a visita aos miradoiros.

Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural de gran extensión, fráxil, con recursos dispersos, e asentado sobre unha topografía complexa.
Coa pretensión de minimizar os problemas de conxestión e estacionamento en determinados puntos e así mellorar a experiencia dos nosos visitantes, poñemos este servizo a disposición e solicitamos que fagan uso do mesmo.

Grazas pola súa colaboración na protección deste territorio.

Máis información


Desde Ourense/A-52 continuar por estrada OU-536 dirección Trives durante 36 km e desviarse en Vilariño Frío cara Parada de Sil.
Desde Monforte de Lemos/CG-2.2(Lugo) seguir a estrada LU-903 por Doade e ata Castro Caldelas. Desde Castro Caldelas continuar por OU-536 dirección Ourense 13 km e desviarse en Vilariño Frío cara Parada de Sil.


Este recurso abre con xornada partida entre o 07-07-2021 e o 06-09-2021 os seguintes días da semana:

DíaMañáTarde
Lunsabertoaberto
Martesabertoaberto
Mércoresabertoaberto
Xovesabertoaberto
Venresabertoaberto
Sábadoabertoaberto
Domingoabertoaberto

Aquí debaixo pode comprobrar a dispoñibilidade e reservar as súas entradas.