Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo

O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo é un dos máis importantes de Ribeira Sacra, sendo visitado por máis de 3500 persoas anualmente. As súas orixes falan de 1170 como o ano no que o mosteiro se une ao de Montederramo como abadía cisterciense. Conta con moitos elementos que o fan digno de visita, entre eles, os numerosos estilos arquitectónicos que rexistra, desde o románico ata o barroco.
(Importante: A igrexa do Mosteiro mantén o seu culto, polo que pode darse o caso de celebracións relixiosas das que non teñamos constancia previa ou funerais. Nestas situacións non sería posible facer a visita durante os oficios e avisaríase por teléfono ou correo electrónico para o cambio de hora/día ou ben se procede á devolución do importe das entradas)
*Posibilidade de entrada combinada con Museo Alfarería Niñodaguia por 3 euros ambas visitas.
Como chegar
Desde Ourense/A-52 tomar a estrada OU-536 dirección Trives durante 22 km aprox.
Desde Monforte de Lemos/CG-2.2(Lugo) tomar a estrada LU-903 por Doade e ata Castro Caldelas. Desde Castro Caldelas seguir pola OU-536 dirección Ourense durante 25 km aprox.
Días de apertura
Este recurso abre con xornada partida os seguintes días da semana:
Día | Mañá | Tarde |
---|---|---|
Luns | pechado | pechado |
Martes | pechado | pechado |
Mércores | aberto | aberto |
Xoves | aberto | aberto |
Venres | aberto | aberto |
Sábado | aberto | aberto |
Domingo | aberto | aberto |
Reservar
Aquí debaixo pode comprobrar a dispoñibilidade e reservar as súas entradas.